Nas últimas clases de Lingua Galega estamos a traballar os verbos , con eles, os diferentes tempos verbais.
Para practicalos e traballar dunha maneira máis amena, facemos uso do noso «Verbichís», unha adaptación do xogo do parchís que todos coñecemos. En cada casa do taboleiro temos un verbo na súa forma de infinitivo, e dependendo da cor que nos saia no noso dado, teremos que conxugar ese verbo en pasado, presente ou futuro para poder avanzar.
Desta maneira, tivemos unha sesión moi amena traballando e practicando os tempos verbais.
Deixámosvos unhas fotografías para que vexades un pouco como nos foi!