LISTAXE DE VACANTES

PRAZOS
– Do 11 de Xaneiro ao 8 de Febreiro solicitude de reserva de praza en centros adscritos: Esta solicitude farase preferentemente por internet, usando o portal da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
– Do 1 ao 21 de Marzo presentación de solicitudes de admisión: Este trámite é necesario para os alumnos de 3º de Educación Infantil (aula 2 anos) de Casa do Neno que queiran continuar os estudios en 4º de Educación Infantil no noso centro para o vindeiro curso e tamén é requisito para o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez no noso centro .
* Anexo II Solicitude de Admisión (galego)
* Anexo II Solicitud de Admisión (castellano)
A presentación do anexo farase preferentemente por internet, usando o portal da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
– Dende o día 24 de Marzo ata o 6 de Abril. Rematado o prazo de solicitudes de praza, se hai máis solicitudes que prazas vacantes as familias solicitantes de praza deberán presentar a documentación acreditativa alegada no baremo.
* Instruccións sobre como acreditar os criterios de baremación.
– Antes do 25 de Abril publicaranse as listaxes provisionais de admitidos.
– Antes do 15 de Maio publicaranse as listaxes definitivas de admitidos.
– Do 20 ao 30 de Xuño formalización de matrícula para os alumnos admitidos. A documentación deberá ser recollida de modo presencial no centro ou nesta ligazón:
* Toda solicitude de admisión de novos alumnos tramitada fora de prazo, deberá presentarse na sede de Inspección Educativa de Santiago, sita no Edificio Mupega, Rúa San Lázaro, 109.
.
NORMAS REGULADORAS DO PROCESO
– No DECRETO establécense os principios e normas xerais da admisión do alumnado.
* Decreto 254/2012, do 13 de decembro
* Decreto 13/2022, do 3 de febreiro
– Na ORDE desenvólvese o procedemento concreto para levar a cabo a admisión, coas concrecións máis precisas.
* Orde do 25 de Xaneiro do 2017 con modificacións a Orde do 12 de Marzo de 2013
* Orde do 18 de decembro de 2020
Toda a información oficial tédela detallada na páxina web da Consellería de Educación.