Fai uns días tivemos unha clase moi especial, fumos visitar o museo das peregrinacións, situado na praza de Praterías.
Nesta visita fixemos un percorrido guiado polo museo e o misturaron coa tradición dos contacontos. Tivemos a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade.
Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina foron os fíos condutores para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.
Aquí tendes unhas cantas fotos da nosa experiencia.