O pasado venres en primeiro de primaria comezamos co proxecto de educación emocional que nos achega a Fundación Meniños, e que ten por título «Viaxe ao reino das emocións».
A través da historia de Draco, un pequeno dragón que non sabe controlar moi ben as súas emocións, aprenderemos a entender un pouquiño mellor como nos sentimos. Falaremos sobre conciencia emocional, autoestima, regulación emocional, resolución de conflictos e moitas cousas máis.
O venres coñecemos a Draco, e tamén escoitamos falar sobre o Sabio, que nos deixou algunhas preguntas que fumos contestando sobre cousas que nos enfadan e de como reaccionamos antes esas situacións. Na próxima sesión seguiremos profundizando un pouquiño máis sobre este tema.