Na nosa última instalación pedagóxica en 2º de infantil, o protagonismo foi para o noso pitiño favorito. Rodeados de papeis amarelos, lá, plumas e millo, os nenos e nenas gozaron dun espazo pensado para estimular a súa curiosidade e creatividade.
Durante esta actividade, realizamos trasvases, lanzamos pelotas, manipulamos o millo e descubrimos novas formas de xogar e aprender. Cada detalle da instalación estivo deseñado para fomentar a exploración libre e o desenvolvemento sensorial, ofrecendo un rato moi entretido e enriquecedor.
Porque aprender tamén é xogar, crear e descubrir xuntos. 💛🐣