E comezamos os proxectos deste terceiro trimestre do curso. E en terceiro xa temos plantado no noso muro de clase o tópico xenerativo que nos vai a guiar ao longo do proxecto: «Un planeta cheo de vida».
Os fíos condutores xa nos dan as primeiras pistas do camiño que imos seguir: Que coñeces dos seres vivos que viven cada día ao teu arredor? Que características compartimos as persoas cos demais seres vivos? Que cousas podemos facer para conservar mellor a vida na Terra?
A cousa empezou ben esta mañá, co paseo polos xardíns do colexio, explorando e contemplando os seres vivos que aparecían ante nós. Empezamos a traballar no noso caderno de campo, para ir recollendo toda a información e as evidencias desa exploración da nosa contorna natural.