O outro día as profes sacaron unha bolsa de tea azul e preguntaron se sabíamos o que tiña dentro. Algún de nós contestou que pensaba que había moedas, pero a bolsa non facía ruido de moedas ao axitala.
Pouco a pouco foron abrindo a bolsa deixando ver un enorme paracaídas de cores.
Entre todos agarramos o paracaídas e comezamos a movelo. Primeiro suavemente, despois moi rápido e forte, arriba, abaixo e por último as profes levantaron tanto o paracaídas que nos escondemos debaixo!
Foi moi, moi divertido!