E como xa sabedes comezamos comezamos con forza o novos proxectos na escola. No caso de 4º de primaria a súa temática é a saúde e o tópico xenerativo é «SUPER-AXENTES DA SAÚDE».
Arrancamos o día falando da ambientación da clase e os fíos condutores e sobre que pensaban que ía a tratar o proxecto. Foi todo un éxito e os rapaces e rapazas comezaron a interesarse facendo preguntas sobre o que íamos a facer e a traballar.
Logo disto, puxémonos mans á obra coas tarefas preparadas para a situación de aprendizaxe, neste caso consistía en que por parexas tiñan un aro, e tiñan que levar a cabo varios xogos de coñecemento corporal. Despois de facer estes xogos, subimos de novo a clase e realizamos a segunda parte da situación de aprendizaxe na que xogamos o «TUTTIFRUTTI» no que escollíamos o chou unha letra do abecedario e o alumnado tiña que buscar un óso, un músculo, un alimento, unha bebida e un deporte que comezase ou tivese esa letra.
Aquí deixamos unhas cantas fotos do día de hoxe que foi completo pero, no que todos e todas o pasamos ben e sobre todo aprendemos!