Como xa sabedes, nas clases de Lingua Galega de primeiro durante varias semanas estiveron traballando nunha actividade titulada Sementando Galego.
Unha tarde, atoparon cun salgueiro chorón diante da clase. Pero ese salgueiro non tiña follas…
Como estában traballando no proxecto do 3º trimestre, Plántate, decidiron devolverlle ao noso salgueiro a súa follaxe.
Cada un foi escribindo, folla por folla, palabras en galego que nos gustan ou que aprendimos durante o curso.
Ao final, quedoulles un salgueiro repleto de follas!