Fai uns días tivemos unha emocionante viaxe pola lírica tradicional da man de Resonet, grupo formado pola soprano Mercedes Hernández e o músico Fernando Reyes.
Romances, cantigas e pezas como alalás ou fandangos fixeron vibrar aos presentes, nunha interpretación que combinou emoción, historia e música antiga.
A actividade, enmarcada na celebración do Día das Letras Galegas, puxo en valor a lírica popular e a súa transmisión oral, animando aos máis novos a descubrir, conservar e mesmo interpretar estas xoias da nosa tradición.
