Os pequenos de 2º de Educación Infantil viviron a semana pasada unha experiencia moi especial: axudaron a liberar bolboretas atrapadas!
Todo comezou coa historia dunha pequena eiruga que, tras comer moito e quedar moi cansa, foi durmir dentro da súa casiña. Ao espertar… convertiuse nunha fermosa bolboreta! Pero, cando intentou voar, descubriu que ela e as súas amigas estaban enredadas entre fíos, la e cordóns. Non podían saír soas, necesitaban axuda.
Con moito coidado e paciencia, as nenas e nenos foron liberando as bolboretas, desfacendo o emburullo coas súas mans. Foi unha actividade chea de emoción, traballo en equipo e moita ilusión, na que tamén aprenderon sobre o ciclo da vida das bolboretas e a importancia de coidar dos seres vivos.
Unha vez libres, as bolboretas puideron volver voar, grazas á axuda dos pequenos grandes heroes de Infantil.






