O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz, unha data que nos invita a reflexionar sobre a importancia da tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos. Este día celébrase en honor a Mahatma Gandhi, quen foi asasinado en 1948 por defender a non violencia como ferramenta de cambio.
Para profundizar nesta temática, o alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato asistimos a unha charla enriquecedora da profesora Judith Nafela, quen, desde a súa experiencia, compartiu connosco a importancia de educar para a paz, fomentando a concordia e o diálogo como valores fundamentais na sociedade.
Porque a paz non é só unha palabra, senón un compromiso diario.
#DíaDaPaz #NonViolencia #EducandoParaAConcordia #SomosCasaDoNeno #HaciendoFamilia



