A nosa primeira provocación pedagóxica deste cursocos pequenos de un aniño (2º de infantil) veu da man do esquío Nim, que nos preparou esta actividade tan chula chea de cores e elementos típicos do outono.
Con esta provocación movémonos polo espazo do cuberto para descubrir follas, cabazas, mini árbores, piñas e bolsas sensorial con castañas, landras, millo e noces.
Non quedou nin rastro da forma coa que comezou a actividade, todo quedou fora do seu lugar porque o desfrutamos moito.
Os nenos e nenas foron pouco a pouco descubrindo todo o que alí había. Podemos ver caras de sorpresa, alegría…e acuden a nós para ensinarnos tódolos elementos que van atopando.
Tedes moitas máis fotos da actividade no seu blog de aula