Para celebrar o Día das Letras Galegas, o profe Pablo trouxo ao patio un obradoiro de música tradicional no que descubrimos cómo antes, sen instrumentos á man, a música tamén nacía dos obxectos da casa: tixolas, culleres, ferramentas… todo podía soar.
O mellor foi ver como algúns dos nosos alumnos xa levan o ritmo dentro. E os que non… saíron querendo seguir tocando.
Rematamos o día coa sensación de que a música tradicional galega está viva.




