Seguindo coa programación, enfocada no conto «Colores» de Hervé Tullet, as profes prepararon unha nova instalación chea de diferentes materiais de moitas cores (papeis con diferentes texturas, aros, botellas de cores, vasos…) .
Con esta sesión traballamos a motricidade tanto grosa como fina, conceptos como arriba e abaixo, cores, dentro e fora… e todo esto xogando e investigando!
Coma sempre, nada quedou no seu lugar inicial pero disfrutamos moito do colorido e dos diferentes materiais dispoñibles.
Se queredes ver máis imaxes podedes atopalas no blog da clase.