Na aula de 1 ano estamos a vivir unha actividade moi especial dentro da programación de primavera: observar como medran as plantas!
Grazas á colaboración das familias, recollemos vasiños transparentes, fabas, lentellas e algodón. Preparámolos con coidado e puxémolos ao sol, diante da fiestra.
Día a día vemos como saen raíces, brotes e follas. Cada mañá, regamos as nosas sementes con moito mimo, esperando a que medren para poder levalas para a casa.
Unha experiencia sinxela pero chea de aprendizaxe e emoción!





