Nesta época estamos a traballar o Nadal nas nosas aulas. Nas aulas de 2º de infantil facemos diferentes actividades para que os pequenos e pequenas coñezan esta festa. Unha delas é xogar a pegar e despegar elementos do Nadal dunha lámina.
Traballamos así vocabulario, psicomotricidade fina e ademáis a capacidade de asociar imaxes.
Se queredes ver máis fotos podedes atopalas no seu blog de aula.