Unha das técnicas que máis empregamos cando traballamos por proxectos é o traballo cooperativo. Nesta última sesión do noso proxecto sobre o museo, puxemos en práctica esta metodoloxía reconstruíndo obras de grandes artistas.
Cada grupo tivo o reto de reproducir un cadro ou unha escultura dalgún dos autores que estamos a estudar. Entre as pezas seleccionadas atopamos «O Elefante» de Salvador Dalí, o famoso retrato de «A Moza da Perla» de Johannes Vermeer, «A Onda» de Camille Claudel e «Composición en Azul, Vermello e Amarelo» de Piet Mondrian.
A actividade permitiunos aprender sobre a historia da arte dunha maneira creativa e colaborativa, fomentando a cooperación, a comunicación e a expresión artística dos nenos e nenas. Seguiremos explorando o mundo da arte a través do xogo e a experimentación!.





