Estes días na clase de primeiro quixemos falar de algo que levan moitos peregrinos na man, todos o van seguindo e algúns preguntan como chegar á catedral.
Despois de falar das cidades e os pobos, e ver todos os vídeos que gravamos da nosa contorna, queremos aprender onde podemos atopar os diferentes lugares, cidades…e dixéronnos que é nos mapas. Pero, e que é iso dos mapas?
Ven connosco á nosa clase e descobre que son e de onde saen…
Esperemos que vos guste. E para que teñades máis información, podedes ver este vídeo do cal aprendemos unha chea.
E aquí podedes ver como completamos a nosa ficha sobre os tipos de mapas que despóis poremos no noso portfolio, onde imos engadindo todo aquelo que facemos no noso proxecto.