Un dos proxectos da escola é o traballo con LEGO, que comeza a partir de 3º de Primaria.
Os cativos de 5º montaron o robot explorador. En relación ao proxecto que xira entorno á terra e ó universo construíron nunha sesión de robótica o vehículo de exploración espacial moi similar ao que se utiliza para recopilar información acerca do planeta Marte!
Ademáis de traballar contidos relacionados co proxecto e coas matemáticas, puideron poñer a proba as súas habilidades de programadores xa que, fixeron diferentes probas nas que tiñamos que lograr que o vehículo se detivera no punto adecuado, e que subira por diferentes rampas ou outros elementos.