Esta semana no cole estamos mergullados de cheo na celebración do Entroido! A Meca, a nosa peculiar mandona destas datas, está a poñernos a proba con diferentes retos diarios. Cada día marca unha nova sorpresa e ninguén quere quedar atrás!
O luns comezamos decorando a cabeza: desde sombreiros extravagantes ata peiteados imposibles, todo valeu para comezar con alegría.
O martes chegou a quenda da cara pintada, e os corredores do cole enchéronse de superheroes, animais, estrelas e ata algúns monstros simpáticos!.
O mércores os nosos pés tomaron protagonismo con zapatos decorados, convertendo cada paso nunha explosión de creatividade.
E aínda nos quedan máis días cheos de risas e imaxinación! O Entroido é tempo de festa, e no noso cole estamos a gozalo ao máximo. Hoxe en infantil teremos o gran desfile final, onde cada clase amosará os seus disfraces elaborados con moito agarimo e orixinalidade.
Que viva o Entroido! E que non pare a festa!

















