A semana pasada os alumnos de 5º y 6º participaron no programa Navegación con rumbo promovido pola Xunta. O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Estivemos moi atentos e tomamos notas dos consellos que escoitamos e puidemos resolver dúbidas que tiñamos sobre algunhas estafas que se están a producir nas redes sociais.