Na aula de 2 anos, a pintura de dedos sempre é unha festa… pero se, ademais, facemos un pouco de maxia, a diversión multiplícase!.
Primeiro pintamos unha man dun cor e a outra doutra. Despois frotamos… ¡e cha-chán! Aparece unha nova cor! Foi toda unha sorpresa descubrir como se mesturan as cores xogando coas nosas propias mans.
E como toque final, fixemos fermosas bolboretas coa forma das nosas mans. Unha actividade chea de creatividade, experimentación e moita ilusión!.





