Onte celebramos unha das tradicións máis emblemáticas do outono: o Magosto. O alumnado de 2º ciclo de Infantil e Primaria gozou desta festa xunto cos seus compañeiros de Secundaria do Seminario Menor da Asunción, compartindo actividades nun ambiente de convivencia e alegría.
Durante a tarde, puidemos desfrutar das tradicionais castañas asadas, que encheron o patio de aroma a outono . Foi unha ocasión perfecta para fortalecer lazos entre os alumnos de diferentes etapas e manter viva unha celebración tan propia da nosa cultura.
Agradecemos a todas as persoas que fixeron posible esta xornada: profesorado, equipo organizador e alumnado participante.
Seguimos creando recordos e construíndo comunidade.




