Chegou o magosto e o patio encheuse de familias dos alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria, que compartiron xuntos castañas, chocolate e refrescos. Un día no que nos acompañou un sol marabilloso. As castañas estaban deliciosas. Non faltou a música, as risas e as ganas de estar xuntos, somos unha comunidade educativa á que lle gusta celebrar. Damos as grazas ás familias e aos profesores que colaboráchedes para que este día fóra tan especial. Compartimos unhas bonitas fotos.