Durante as últimas sesións da materia de Lingua Galega, levamos a cabo unha tarefa algo singular.
Cada grupo escolleu representar a unha cidade ou vila de calquera lugar de Galicia para facer un lapbook destacando diferentes puntos da mesma, como podían ser a súa orixe, os lugares que se debían visitar… e tamén as razóns que nos levaron a escoller esa vila ou cidade.
Dentro da nosa aula, saíron dende cidades con centos de miles de habitantes ata vilas que non chegan ao millar! Todas elas membras da nosa comunidade autónoma.
Despois de rematar os nosos lapbooks e de presentalos diante dos nosos compañeiros e compañeiras, cubrimos unha diana de auto e coavaliación, na cal tiñamos que avaliar tanto o noso propio traballo coma o dos compañeiros e compañeiras do noso equipo.
Desfrutamos moito deste traballo e descubrimos cousas novas sobre cidades que xa coñecíamos.