A semana pasada na clase de 2º de infantil (un ano) cando chegamos o cuberto atopámonos cunha bonita instalación chea de elementos invernais.
Alí estaban os dous esquíos Nim, ben abrigadiños coas súas bufandas, esperando para vernos desfacer toda a instalación. Esta instalación tiña unha carga sensorial importante: Bolsas de calor, acumuladores de frío, roupa de inverno de lá, mantas suaviñas e bolas de algodón. Ademáis tiñamos pelotas azuis e moitos vasos e cubos azuis e brancos cos que fixemos trasvases.
Nas fotos podedes ver canto desfrutamos desta instalación invernal! podedes atopar máis fotos no seu blog de aula.