Aproveitando a letura que estamos a realizar nas clases de lingua galega a través da plataforma dixital Ta-Tum, «A miña avóa ten 13 anos» estamos a realizar unha actividade no aula na que os nosos nenos e nenas terán que realizar de investigadores para despois ensinar ao resto da clase aquelas historias ou anécdotas que están a recadar.
Esta actividade vai da man dun dos vídeos de reflexión que visualizamos a semana pasada, no que observamos como un ancián choraba da emoción cando lle regalaban o que sempre había soñado dende pequeno, un balón de fútbol.
Por iso, durante as diferentes sesións desta semana de lingua galega puidemos escoitar diferentes historias de vida e anécdotas de diferentes familiares dos nenos da nosa clase que nos contan todo o que tiñan que camiñar para ir a clase, como era a educación que recibían no colexio, como eran os xoguetes que tiñan de pequenos, como conseguiron o seu primeiro traballo… Unha serie de historias que non só nos serven para traballar as nosas habilidades e destrezas comunicativas, se non que tamén é de utilidade para coñecer o noso pasado e valorar todo o que temos e o que as nosas familias fan por nós.







