O pasado venres, o alumnado da Casa do Neno participou na «Festa da Lingua», un encontro organizado por Escolas Católicas de Galicia para celebrar e promover o uso do galego no ámbito escolar.
Durante o acto, os alumnos e alumnas do colexio San Fermín, de Caldas de Reis, representaron unha obra de teatro inspirada nas tradicións e costumes galegas, cunha posta en escena que nos fixo reflexionar e tamén sorrir.
A continuación, a recoñecida regueifeira Lupe animou o público cunha actuación chea de retranca e improvisación, facendo partícipe ao alumnado asistente.
Foi unha xornada chea de cultura, identidade e lingua, na que desde a Casa do Neno nos sentimos orgullosos de participar, compartindo espazo con outros centros e vivindo o galego en comunidade.



