Na clase de cuarto de primaria comezamos fai uns días a TAREFA 1 chamada, E TI DE QUEN VES SENDO?
Dentro dela comezamos a situar xeográficamente os tres territorios (Exipto, Grecia e Roma), para isto respostamos a unha serie de preguntas para demostrar os coñecementos previos e logo, a través das apps de Google Maps e Google Earth visitamos virtualmente os lugares máis importantes e emblemáticos (Partenón, Coliseo, Pirámide de Guiza…).
Gustounos moito esta actividade como podedes ver nas fotos e cada día seguiremos aprendendo máis sobre Exipto, Grecia e Roma para así mostrarvos todo dentro do noso blog.