Este luns demos comezo aos proxectos do trimestre, unha metodoloxía que nos enche de ilusión e que é clave no noso enfoque educativo.
O alumnado iniciou co desafío inicial, un primeiro paso que marcará o camiño da súa aprendizaxe durante este período. Ao longo do trimestre, estarán acompañados por ferramentas como as rutinas de pensamento e as ferramentas de avaliación, que lles axudarán a construír un coñecemento significativo e transformador.
Estamos emocionados por ver como cada grupo desenvolve o seu proxecto, afrontando retos, creando, investigando e aprendendo en equipo. ¡A aprendizaxe cobra vida cando a facemos realidade!.
Se queredes ver mais fotos podedes atopalas nos blogs de aula.










