De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente no colexio a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.
A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto.
Os membros desta Xunta Electoral son designados por sorteo. Dito sorteo será celebrado o mércores día 2 de novembro ás 11:00 horas.