Esta semana, a nosa comunidade educativa viviu momentos moi especiais coas Celebracións de Aprendizaxe, unha oportunidade única para que os nosos alumnos compartisen coas súas familias todo o aprendido durante o trimestre.
O mércores, os máis pequenos de Infantil foron os protagonistas, mostrando con entusiasmo os seus proxectos a través de xogos, exposicións e actividades interactivas. Foi marabilloso ver como creceron nas súas aprendizaxes e como gozan descubrindo o mundo que lles rodea.
O xoves, chegou a quenda de Primaria, onde os alumnos presentaron con creatividade e seguridade os resultados dos seus proxectos. Desde experimentos científicos ata representacións artísticas, cada grupo deixou en evidencia o esforzo e a dedicación que puxeron nas súas aprendizaxes. Queremos agradecer a todas as familias pola súa presenza, apoio e participación activa nestas xornadas. O seu acompañamento é fundamental para o crecemento dos nosos alumnos.











