Estes días no noso proxecto Science Attack, falamos das características dos materiais.
Tamén aprendimos como ser un bo investigador. Para iso debemos seguir os pasos do Método Científico. Isto realizarémolo con cada experimento que fagamos, e hai uns días comezamos cun moi peculiar.
Traballaremos a impermeabilidade, e para iso necesitaremos unha vela e unha tea. Coa parafina da vela crearemos unha capa encima da tea que a volva como os nosos chuvasqueiros, impermeable.
Deberemos traballar a nosa atención, saber observar e realizar hipótese, experimentar e chegar a unhas conclusións.
Todo un traballo de grandes investigadores, entremos no mundo da ciencia….