Estamos preto xa de rematar o mes de setembro e en 5º de primaria continuamos coa nosa dinámica de introdución aos proxectos. Para iso durante este mes estamos realizando diferentes rutinas de pensamento no noso porfolio, acostumándonos outra vez a realizar metacognicións, dinámicas de auto e co-evaluación, traballo cooperativo… Todo isto vainos axudar de cara ao noso próximo proxecto trimestral que comezará en breve.