Esta é unha das actividades que máis nos gustan aos pequenos de 2º de infantil.
Manipulamos botellas sensorias que non son máis que botellas cheas de obxectos ou líquidos que estimulan aos nenos e nenas de xeito visual e auditivo.
O son das Botellas que levan fabas, lentellas ou clips (entre outras) chaman a súa atención auditiva e as botellas que levan pompóns, lá ou auga de cores chaman a súa atención visual provocando así unha estimulación lúdica.
Repetiremos moito coas botellas porque lles encantan e nada máis velas pódese ver un gran sorriso nos seus rostros.