O outro día, os pequenos de 2º de infantil, atopamos na aula unhas bolboretiñas atrapadas. Para axudalas tivemos que usar as nosas mans e os nosos dedos para, con paciencia, desenredar cada unha das bolboretas que despois descansaban sobre nós esperando ás súas compañeiras. E como estaban atadas con trozos de lá, lazos e cordeis de diferentes materiais xogamos con texturas moi distintas. Pouquiño a pouco todas quedaron liberadas e preparadas para poder voar!