Nas aulas segundo de infantil (1 ano) estivemos a facer unha actividade moi interesante e divertida.
Tivemos que meter papel pinocho de cores nunha botella de auga para que así esta colla a cor do papel: metemos o papel, pechamos a botella e sacudimos forte vendo como pouco a pouco a auga vai collendo cor.
Con esta actividade traballamos a psicomotricidade fina e as cores mentras experimentamos.