Nas nosas aulas de Infantil, estamos fomentando hábitos saudables a través de actividades divertidas e educativas. En 4º de Infantil, dentro do proxecto «Alegres e en forma», os nenos aprenderon a clasificar os alimentos segundo a súa frecuencia de consumo, distinguindo entre os que podemos comer a diario e aqueles que debemos gozar con moderación. ¡Unha aprendizaxe práctica e divertida usando o noso recuncho de xogo simbólico!
En 3º de Infantil, celebramos unha alegre Festa de Outono, onde os pequenos exploraron as froitas de temporada. Ademais de tocalas e nomealas, puideron probar deliciosos plátanos, mazás, kiwis e peras. ¡Un momento especial para descubrir que comer saudable pode ser moi saboroso!
A través do xogo e a exploración, seguimos construíndo xuntos hábitos saudables para toda a vida.