O pasado luns, os alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron no Torneo de Oratoria da Fundación Barrié, unha oportunidade para familiarizarse coa arte da expresión oral e mellorar a súa confianza ao falar en público.
Durante o evento, os nosos alumnos enfrentáronse a distintos desafíos oratorios, poñendo a proba a súa capacidade de argumentación e comunicación. Aínda que a experiencia foi un reto, permitiulles aprender e desenvolver novas habilidades que lles serán útiles na súa formación académica e persoal.
Felicitamos aos participantes polo seu esforzo e agradecemos á Fundación Barrié por fomentar estas iniciativas que enriquecen a educación. Seguiremos promovendo a oratoria no noso colexio!.




