Dentro da nosa programación sobre o corpo humano, realizamos unha das actividades máis divertidas e creativas: debuxar a nosa propia silueta a tamaño real.
Para comezar, escollemos un voluntario ou voluntaria que se deitou sobre un gran papel branco. Con moito coidado, fomos contorneando a súa figura. Cando se ergueu… maxia! Tiñamos debuxado un neno ou nena do noso tamaño!
A continuación, indicamos as extremidades e situamos, coa axuda da profe, as diferentes partes da cara e da cabeza. Pero o mellor chegou despois: encher de cor as siluetas! Usando ceras de todas as cores, pintamos, garabateamos e cambiamos de cor tantas veces como quixemos, deixando voar a nosa imaxinación.
Para rematar esta experiencia tan especial, expoñemos as nosas obras na parede da aula, enchendo o espazo de cor, creatividade e moita alegría.
Unha actividade para lembrar!


