A chegada da primavera trouxo consigo , na aula de un ano, unha provocación pedagóxica chea de cor, aromas e natureza. A través dunha coidada instalación con flores e follas, os pequenos exploraron, tocaron, cheiraron e experimentaron libremente.
Foi unha actividade sensorial na que gozamos do xogo, da curiosidade e do pracer de descubrir coas mans e os sentidos. Unha vez máis, a natureza convértese en aliada da aprendizaxe.





