Os nenos e nenas de 2º de infantil gozaron dunha nova xornada chea de movemento e diversión coa nosa querida protagonista: a eiruga máis famosa!
Nesta ocasión, preparouse un circuíto psicomotor inspirado nas cores e formas da eiruga, con diferentes estacións e actividades que fomentaron a coordinación, o equilibrio e a exploración corporal. Subiron, baixaron, moveron os pés, apartaron obstáculos coas mans e buscaron o camiño ata o final do percorrido… ¡para volver empezar unha e outra vez!
Unha experiencia enriquecedora e chea de sorrisos, onde o xogo e a aprendizaxe camiñan da man.












