Con moita ilusión e curiosidade, o noso alumnos puxeron fin á Tarefa 0 do proxecto e deu os primeiros pasos nun emocionante camiño cheo de aprendizaxes e descubrimentos.
Durante estes días, investigamos con atención o contido das nosas caixas misteriosas: atopamos o caderno, o diario de creatividade, o libro-roll… e, sobre todo, o sobre top-secret que nos revelou a misión que deberemos superar e algunhas das ferramentas que necesitaremos para conseguilo.
A emoción era palpable na aula: estamos súper motivados/as e con moitas ganas de seguir avanzando, coñecer máis, compartir en equipo e saír exitosos/as nas nosas misións. Este proxecto non fixo máis que comezar, e xa estamos mergullados nun universo cheo de retos, imaxinación e aprendizaxes significativas.
Seguiremos informando… porque esta aventura promete!



