Os alumnos de primeiro visitamos o Parque de Bonaval, dentro da actividade promovida polo Centro de Información dos Parques e Xardíns, «Da árbore ao bosque».
Da man de Irene, coñecimos especies autóctonas da nosa contorna, como diferencialas e aprender a observalas con detalle. Dentro da carballeira observamos os carballos de cerca e poidemos ver cantos anos teñen observando os aneis do tronco.
Unha actividade moi interesante e relacionada co noso último proxecto deste curso «Enraizados».
Deixámosvos fotos desta saída.