En 2º de infantil despedimos a programación do inverno cunha actividade mooooi fría.
Trátase dunha provocación pedagóxica que ten como elemento principal o xeo. Coa axuda dunha gran caixa e diferentes utensilios (culleres, tuppers, pinzas, cucharóns…) xogamos, manipulamos e sentimos o frío do xeo nas nosas mans. Fixemos trasvases duns recipientes a outros e incluso comprobamos como pouco a pouco o xeo íase derretindo.
Se queredes ver máis fotos podedes facelo visitando o seu blog de aula.