O outro día, os pequenos científicos e científicas de primeiro de primaria viviron unha experiencia única… ¡E case convertémonos en auténticos inventores! 😱
Grazas a Fernando, o mestre dos maiores de secundaria, tivemos a oportunidade de poñer as nosas batas imaxinarias e explorar un laboratorio de verdade. Pero, atención, porque o que alí vivimos foi unha auténtica revolución científica! 🔬⚡
Probamos a dureza de diferentes materiais (tranquilos, ninguén rompeu nada… creo 😅), experimentamos coa resistencia, fixemos experimentos de conductividade (non, non quedamos electrificados!) e incluso conseguimos meter unha nube dentro dunha botella! 🌫️😲
A ciencia sorpréndenos cada día e, sobre todo, fainos rir e pasalo en grande! Así que, se vedes a algún de nós con lentes de científico tolo… non vos preocupedes, só seguimos experimentando! 🤓🔍

