A semana pasada comezamos unha nova aventura na aula: a granxa! E como non podía ser doutro xeito… a Vaca Lola converteuse na auténtica protagonista 🐄💫
Lemos contos cheos de animais, cantamos cancións granxeiras a pleno pulmón, xogamos e ata… estampamos as nosas mans no seu lombo! Si, si… ¡as nosas mans! Agora a Vaca Lola vai ben adornadiña coas pegadas de todos nós. 🖐️🎨
O mural quedou tan chulo que a profe di que a vaca vai pedir pasaporte para ir ao museo 🤣
Seguiremos informando dende a granxa máis toliña do cole! 🚜💚




