Na clase de cuarto comezamos o proxecto Noso planeta terra.
Ao chegar ao cole a decoración de clase mudara e algún xa non sabía nin onde estaba!
Ao chegar tivemos que participar nunha gymkana, onde por equipos debían resolver retos cognitivos e físicos fomentando o espíritu de equipo e de traballo en grupo. Algún sudou a gota gorda!
Despois, fixemos outro desafío onde utilizando a temática do coñecido programa de ¡BOOM! os rapaces e rapazas de 4º tiñan que dar resposta as preguntas que aparecían e si fallaban estoupaba a bomba!!.
Para rematar añadimos todo isto no noso porfolio facendo a metacognición inicial e o plan de equipo, coa que reflexionamos sobre o traballo que faremos ao longo de todo o trimestre.