O pasado venres celebramos na Casa do Neno o noso tradicional Magosto, unha xornada moi especial que compartimos xunto ás nosas familias.
Entre castañas asadas, música tradicional e xogos, os máis pequenos gozaron desta festa do outono galego nun ambiente próximo e cheo de sorrisos, achegándose aos nosos costumes dun xeito vivencial e divertido.
Seguimos facendo comunidade!.





